A Secretaria Xeral da Igualdade asiste á conferencia da muller Beijing +15

 

Image

Un dos obxectivos é o positivo intercambio de experiencias e boas prácticas

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, asistirá desde hoxe, 1 de marzo, en Nova York, a sesión especial da 54ª Comisión Xurídica e Social da Muller de Nacións Unidas, na que se revisará a aplicación da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing e os resultados do vixésimo terceiro período extraordinario de sesións da Asemblea Xeral e súa contribución para facer realidade a perspectiva de xénero cara a plena realización dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Esta comisión, dedicada exclusivamente a igualdade de xénero e empoderamento das mulleres, celebrase anualmente na sede central da ONU en Nova York durante 10 días, sempre coincidindo co Día Internacional das Mulleres. A secretaría xeral estará presente durante a primeira semana, e estará de volta para conmemorar en Galicia a data do 8 de marzo, que este ano na nosa comunidade autónoma ten o lema de “Máis igualdade, mellor”.

Marta González, xustificou a súa presenza nesta conferencia polo feito de que é “unha oportunidade única para o intercambio de experiencias e boas prácticas na aplicación da Plataforma de Acción de cara a superar os obstáculos persistentes e os novos desafíos”.

Sen esquecer, dixo, que “sempre é moi positivo” poder analizar as políticas, programas e estratexias doutros países, así como valorar os resultados conseguidos, os obstáculos, os retos, e a mellor forma para superalos.

Ademais, neste marco da crise económica, indicou a secretaria xeral da Igualdade do goberno galego, “poderemos ouvir diferentes opinións sobre as implicacións das mulleres no desenvolvemento económico, falar sobre a mellor forma de implementar políticas económicas con perspectiva de xénero”.

En materia de violencia de xénero “é bo coñecer as actuacións que se levan a cabo noutros lugares, e intercambiar experiencias sobre a mellor forma de superar os obstáculos que temos por diante”.

A inauguración de hoxe asistirá o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, e o presidente do Consello Económico e Social (ECOSOC), o embaixador Al Hachani de Túnez. O debate plenario de Alto Nivel contará coa presenza dos Estados membros, representantes de Nacións Unidas, organizacións no gobernamentais e organismos intergobernamentais.

España estará representada, ademais de polas responsables de igualdade das diferentes autonomías e por distintas asociacións no gobernamentais, pola ministra de Igualdade, Bibiana Aído, que tamén será a portavoz da Unión Europea, pola presidencia de turno que ostenta o noso país, é presentará o informe elaborado pola Presidencia de turno sueca da UE sobre o cumprimento, por parte dos Estados membros, do Plan de Acción aprobado na Conferencia de Pekín fai quince anos.

Durante estes dez días haberá diversos paneis de expertos nos que abordaranse, entre outros temas, “A relación entre a aplicación da Plataforma de Acción e o logro no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio”; “As perspectivas rexionais do avance logrado e obstáculos e retos aínda pendentes na aplicación da Plataforma de Beijing”; “Conmemorando o 30 aniversario da Convención de CEDAW”; “Empoderamento económico das mulleres no contexto da crise económica e financeira”.

A violencia de xénero tamén estará presente. Haberá un panel dedicado a Campaña: “Unirse para acabar coa violencia contra as mulleres” para o 2015, no que se presentarán os esforzos dos diferentes axentes para a consecución dos cinco principais obxectivos da campaña: Lexislación nacional, Plan de acción, datos, campañas de sensibilización e actuacións contra a violencia sexual en zonas de conflito.

Outro dos paneis será “A evolución do papel dos mecanismos nacionais de igualdade de xénero”, no que se presentarán os principais resultados dos cinco estudios rexionais e do estudio conxunto, informando sobre a diversidade de dichos mecanismos, as súas áreas de traballo, os seus logros e desafíos.

Tamén haberá un acto conmemorativo dos 15 anos da Plataforma de Acción de Beijing e realizarase unha breve declaración como conclusión da revisión de Beijing+15. Entre as resolucións previstas nesta revisión de 2010 están: a eliminación da mutilación xenital feminina,; a liberación de mulleres, nenas e nenos tomados con reféns, incluíndo aqueles posteriormente encarcerados, en conflitos armados; A muller, a nena, o VIH e o SIDA;e a situación e asistencia ás mulleres palestinas, aínda que esta resolución require unha negociación máis política, que está sendo dirixida polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

Fuente: Xunta de Galicia 

Comentarios
Añadir nuevoBuscarRSS
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios!