Contenidos
Blog
Secciones
Hablando de
Igualdade inaugurou a exposición “Elas fan camiño”, unha homenaxe ás mulleres peregrinas | Igualdade inaugurou a exposición “Elas fan camiño”, unha homenaxe ás mulleres peregrinas |
|
|
|
O obxectivo é rescatar a vinculación das mulleres ao Camiño de Santiago, que foi ignorada durante séculos, e por de manifesto o destacado papel que teñen na actualidade no Camiño
As delegadas territoriais da Xunta de Galicia en Lugo e Vigo, Raquel Arias e Lucía Molares, respectivamente, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e o alcalde do Concello do Cebreiro, Xosé Luis Raposo, tamén asistiron a esta inauguración e despois, xunto coas persoas asistentes, realizaron a pé o tramo do Camiño francés que vai dende Pedrafita ata o Hospital da Condesa. Marta González indicou que, coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo 2010, a Secretaría Xeral da Igualdade quixo dar protagonismo ás mulleres no Camiño, querendo lembrar esta mostra o papel que desde o principio da peregrinación en Galicia, a través dos camiños a Santiago, xogaron moitas mulleres, tanto mulleres coñecidas e famosas -raíñas, santas- como mulleres anónimas que chegaron ata Santiago percorrendo con dificultades os camiños para pregar ante o Apóstolo; tamén recalcou que se quixo que a primeira etapa desta exposición itinerante fose o Cebreiro, “porta de entrada a Galicia desde a Idade Media” A área de igualdade da Xunta de Galicia pretende con esta exposición, que percorrerá todos os concellos do Camiño francés ata rematar en Compostela alá polo fin do ano xacobeo 2010, “render unha homenaxe á participación das mulleres na peregrinación e ao activo traballo de moitas mulleres por promover o camiño e por axudar aos peregrinos e peregrinas a rematar con éxito o seu percorrido a Santiago”, sinalou González. As mulleres peregrinaron dende moi cedo aos lugares mais afastados e relevantes do cristianismo, e tamén foron protagonistas na creación e mantemento dos camiños e rutas de peregrinación, verdadeiras canles de circulación da cultura e dos progresos técnicos e socioculturais europeos durante séculos. A mostra fai un percorrido dende as mulleres que fixeron camiño ata as que o fan hoxe en día. Como mencionou González, aínda que son moitos os cambios que Galicia ten vivido desde que se identifica o primeiro peregrino coñecido, un monxe cego do mosteiro de Reichenau en Alemania, que recobrou a vista en Compostela a principios do século X, ata a actualidade, pero “tanto hoxe, coma onte, a mesma ilusión e esperanza nun futuro mellor está no pensamento de todos e todas as peregrinas”. As mulleres peregrinasSon moitos os exemplos de mulleres peregrinas que a exposición presenta, desde Exeria, a primeira peregrina galega, que fixo unha extraordinaria viaxe a Xerusalén e Terra Santa no século IV, deixándonos unha preciosa testemuña das súas vivencias, ata as peregrinas de hoxe, que viven o camiño como unha experiencia inesquecible de atoparse consigo mesmas. Desde a condesa dona Egilo, esposa do conde Gatón, que fundou o hospital no lugar que hoxe leva o seu nome, Hospital da Condesa, ata as mulleres que desde as responsabilidades de goberno nos seus concellos promoven e favorecen o paso dos peregrinos polo seu municipio, tal e como recolle a mostra co exemplo da alcaldesa de Betanzos, María Faraldo. Todos eles “exemplos claros da vinculación das mulleres ao Camiño de Santiago, aínda que séculos de historia ignoraron a situación das mulleres e non nos proporcionaron ningunha información ao respecto, ata que agora, o principio de igualdade impregna as ciencias e as artes e nos obriga a reescribir a historia para contar tamén os feitos e as vivencias das mulleres”, destacou Marta González. Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou que “as mulleres sempre foron o principal sostén da sociedade”, antes co seu traballo invisible, non remunerado e socialmente non valorado, co que cubrían a maioría dos servizos básicos, e agora cun traballo remunerado, aínda que “está a pagar un prezo por elo: un prezo que se traduce en dificultades para conciliar a vida laboral e persoal, salarios máis baixos, restricións no acceso ao postos con maior responsabilidade e remuneración, e contratos máis precarios”. Por iso, dixo, “é tarefa de todos, homes e mulleres, conseguir a igualdade real, o reparto equitativo do traballo no fogar, o acceso en idénticas condicións ao mercado laboral, e a visibilidade da inmensa contribución das mulleres en todos os eidos da sociedade” e con esta exposición quérese engadir “un grao de area, rescatando ás mulleres que ao longo dos séculos foron e son protagonistas do Camiño, escribindo a historia da súa propia vida e, de paso, a Historia do Camiño”. A exposiciónA exposición dividise en tres eixos. Unha primeira parte, Elas fixeron Camiño, nos retrotrae á longa tradición das rutas de peregrinación e a presenza da mulleres nelas dende diferentes perspectivas. Aquí poderemos coñecer a Egeria, a primeira peregrina galega coñecida, a algunhas das hospitaleiras, as protectoras do camiño, etc… A segunda sección, Elas marcaron o Camiño, mostra a importancia da espiritualidade na tradición xacobea, vínculo entre o pasado e o presente, a través da devoción feminina e a estendida presenza do culto mariano no Camiño. Nesta parte da mostra reflíctese a importancia do culto mariano nas rutas Xacobeas en Galicia e as diversas virxes peregrinas galegas, como a de Pontevedra ou a de Bertamiráns. A última parte da exposición, Elas fan Camiño, céntrase no Camiño de Santiago actual, onde o protagonismo das mulleres é indiscutible. Son protagonistas mulleres con nome e apelido escollidas segundo a súa implicación e funcións ao longo das rutas galegas a Santiago, que forman parte esencial dos camiños a Compostela, non só como peregrinas, senón tamén co seu silencioso facer cotián. Apoian as peregrinas e peregrinos dende diferentes ámbitos: servizos sociais e humanitarios, administración, atención das infraestruturas, manutención e organización, dan ánimos e infunden ilusións nas camiñantes decaídas ou desfalecidas polas duras e longas xornadas da ruta. Un vídeo sobre as vivencias no Camiño das mulleres ilustra a realidade das peregrinacións femininas a Compostela e pon punto final a esta mostra que dentro de quince días chegará a Triacastela e despois seguira camiño por Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, Santiago de Compostela, Fisterra e Muxía. Fuente: Xunta de Galicia
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios! |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Rincones uruguayos- Grutas del Palacio
El cruce de la Cordillera de los Andes
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN URUGUAY
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Presencia viva de Galicia en Uruguay

PUNTA COLORADA
Presentación de “Globotomía” de Aramis Latchinian en la Alianza Francesa de Montevideo
Apocalípsis perpetuo por J.J.García Pena

Palabras para Manolito de J.J. García Pena





Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

Sada Digital abre la sección "Diálogos de Economía" con la colaboración de César Román
LA OPORTUNIDAD PERDIDA DE LA REFORMA LABORAL
El agujero negro de las Autonomías
La Seguridad Social en peligro

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.
Participa en Sada Digital como colaborador, envíanos tus artículos a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

SIGUE EL EVENTO EN NUESTRO FACEBOOK

Envíanos tus fotos y prognósticos para este partido histórico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla o a nuestro muro de facebook