Internet
Pilar Farjas anima aos cidadáns a compartir vida doando sangue na campaña “Verán 2010” | Pilar Farjas anima aos cidadáns a compartir vida doando sangue na campaña “Verán 2010” |
|
|
|
Os centros sanitarios galegos precisan cada día 500 doazóns para levar a cabo o seu labor asistencial, por iso Sanidade fixouse o obxectivo de acadar 40.000 doazóns durante todo o verá
A conselleira de Sanidade, que estivo acompañada pola directora do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), María Inmaculada Rodríguez Calvo, destacou tamén que o obxectivo fixado é acadar un total de 40.000 doazóns. Con esta campaña “Verán 2010” Sanidade tenta manter estable o número de doazóns de sangue xa que, cada día, os centros sanitarios galegos necesitan 500 doazóns para poder levar a cabo o seu labor asistencial. En total, para o ano 2010 Galicia precisará arredor de 123.000 doazóns de sangue. Campaña informativaPara facer realidade estes obxectivos, as dez unidades móbiles do CTG efectuarán entre os meses de xuño a setembro do presente ano máis de 700 campañas de doazón de sangue en máis de 240 concellos de toda Galicia. Para Farjas Abadía é fundamental que toda a cidadanía estea sensibilizada coa importancia da doazón e do necesaria que é a participación de todos. Por iso iníciase unha nova campaña divulgativa destinada a informar á poboación a través dos medios de comunicación. A conselleira de Sanidade incidiu en que faise preciso un novo esforzo por parte da cidadanía para tentar incrementar o volume de doazóns de sangue necesario. Resultados campaña do pasado veránA titular de Sanidade lembrou que as necesidades aumentan ano tras ano, xa que no verán do pasado 2009, as unidades móbiles do CTG desprazáronse ata máis de 200 concellos e acadaron 40.018 doazóns de sangue. Isto supón un 33% do total das doazóns rexistradas durante todo o ano. Os datos do verán de 2009 supuxeron un incremento do 2,8% respecto do mesmo período do ano anterior. Farjas Abadía destacou a importancia tamén de que se mantivo estable o número de doazóns nos meses de xuño a setembro cunha media de 10.004 doazóns cada mes. Doador universalAínda que todos os grupos sanguíneos son precisos, nestas datas faise especialmente necesaria a participación dos doadores cero negativo, coñecidos como doadores universais. Pilar Farjas explicou que este grupo sanguíneo, que tan só posúe o sete por cento da poboación, pode ser usado no tratamento de calquera enfermo e soe utilizarse para nas urxencias derivadas dos accidentes de trafico que, lamentablemente, aumentan coincidindo con estes períodos vacacionais. A Consellería de Sanidade e o Centro de Transfusión de Galicia agradecen a todos os cidadáns a súa participación nas campañas de doazón, agradecemento que fai extensivo as Irmandades de Doadores de Sangue e aos medios de comunicación, e lembra que, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón é posible consultar a páxina web: ctg.sergas.es ou contactar co teléfono gratuíto: 900 100 828. Fuente: Xunta de Galicia
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios! |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Rincones uruguayos- Grutas del Palacio
El cruce de la Cordillera de los Andes
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN URUGUAY
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Presencia viva de Galicia en Uruguay

PUNTA COLORADA
Presentación de “Globotomía” de Aramis Latchinian en la Alianza Francesa de Montevideo
Apocalípsis perpetuo por J.J.García Pena

Palabras para Manolito de J.J. García Pena





Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

Sada Digital abre la sección "Diálogos de Economía" con la colaboración de César Román
LA OPORTUNIDAD PERDIDA DE LA REFORMA LABORAL
El agujero negro de las Autonomías
La Seguridad Social en peligro

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.

SIGUE EL EVENTO EN NUESTRO FACEBOOK

Envíanos tus fotos y prognósticos para este partido histórico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla o a nuestro muro de facebook