Música
Agustín Hernández destacou o equilibrio conseguido cos concellos a través da Normativa de Habilidade | Agustín Hernández destacou o equilibrio conseguido cos concellos a través da Normativa de Habilidade |
|
|
|
A Xunta e o Colexio de Arquitectos colaborarán para incluír nos proxectos unha memoria de habitabilidade
O convenio suporá un investimento de 200.000 euros destinados a actuacións de formación, difusión e divulgación entre os colexiados do COAG dos contidos da Normativa de Habitabilidade. O IGVS achegará 150.000 euros, que supoñen o 75 por cento do investimento total, e o COAG o 25 por cento restante (50.000 euros). O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou esta mañá o equilibrio conseguido grazas á Normativa de Habilidade de Galicia. Declarou que coa nova normativa “márcanse uns estándares mínimos das construcións, que non incrementa o seu custe”. Por outro lado, afirmou que non se pode separar aos concellos das decisións deste eido, xa que son a administración máis achegada ao cidadán e deben ter un peso importante na toma de decisións. O conselleiro sinalou que agora que a nova normativa está en plena vixencia, “temos a responsabilidade de dála a coñecer” e iniciativas como a defendida esta mañá permitirán difundila entre a cidadanía. Para conseguir facela máis accesible contan cun paquete de medidas de achegamento da normativa ós cidadáns e contan co apoio COAG, que xa colabora coa administración autonómica en proxectos como o Terra, de educación urbanística para os máis pequenos e a web de planeamento urbanístico de Galicia. Obxectivos do convenioOs obxectivos desta colaboración co IGVS e o COAG, asinada esta mañá, son os seguintes: - Realización de charlas informativas, en cada delegación do COAG, impartidas polo persoal do colexio de arquitectos en colaboración co persoal técnico do IGVS. - Constitución dun grupo de traballo por técnicos de ambas partes para levar a cabo a confección de fichas gráficas para facilitar o cumprimento do decreto, así como proxectos de interese que sirvan como referentes de calidade respecto ás normas de habitabilidade. Asemade, adaptaranse as fichas gráficas que axudan a coñecer os condicionantes de deseño que impón o novo Decreto, mediante a confección dun esquema seguindo os modelos realizados no seu día polo COAG. Esta acción conleva a actualización das 32 fichas técnicas e urbanísticas editadas no seu día polo COAG en colaboración coa FEGAMP. - Constituirase un grupo de traballo por técnicos de ambas partes para realizar a confección dunha memoria tipo a incluír na memoria de proxectos de edificación, así como a súa implementación no programa de asistencia para a redacción de proxectos de arquitectura “memoria 2” do COAG. Consiste na creación dun asistente en formato web, que poida xerar unha memoria tipo para incluír en todos os proxectos de edificación de uso vivenda e, ao mesmo tempo, serva de soporte para poder sistematizar as deficiencias tipo do Decreto no uso que fagan del os técnicos municipais que teñan que verificar o seu cumprimento. Tamén se pretende implementar esta utilidade no programa “memoria 2” que nestes momentos teñen xa cerca de 22.000 profesionais adscritos en toda España. - Creación dun foro de consultas mediante a creación da ferramenta para dar soporte a esta iniciativa sobre dúbidas e consultas do novo Decreto. Este foro será coordinado polo persoal técnico do IGVS. - Publicación do texto do Decreto e a súa difusión entre os colexiados do COAG. Preténdese a publicación conxunta do Decreto incluíndo comentarios, gráficos e esquemas que do mesmo fosen precisos. Agustín Hernández afirmou que o traballar con profesionalidade e rigor, ao mesmo tempo que con transparencia e afán comunicativo “é o camiño”. Fuente: Xunta de Galicia
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios! |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Rincones uruguayos- Grutas del Palacio
El cruce de la Cordillera de los Andes
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN URUGUAY
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Presencia viva de Galicia en Uruguay

PUNTA COLORADA
Presentación de “Globotomía” de Aramis Latchinian en la Alianza Francesa de Montevideo
Apocalípsis perpetuo por J.J.García Pena

Palabras para Manolito de J.J. García Pena





Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

Sada Digital abre la sección "Diálogos de Economía" con la colaboración de César Román
LA OPORTUNIDAD PERDIDA DE LA REFORMA LABORAL
El agujero negro de las Autonomías
La Seguridad Social en peligro

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.

SIGUE EL EVENTO EN NUESTRO FACEBOOK

Envíanos tus fotos y prognósticos para este partido histórico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla o a nuestro muro de facebook