Contenidos
Blog
Secciones
Turismo
Varela acorda cos representantes das artes escénicas incrementar en 200.000 E, as axudas ao sector | Varela acorda cos representantes das artes escénicas incrementar en 200.000 E, as axudas ao sector |
|
|
|
|
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos Fernández Fasero, mantiveron onte unha reunión de traballo cos representantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para atender as peticións cursadas polo colectivo. Como resultado do encontro, acordouse aumentar en 200.0000 euros as axudas ao sector para o ano 2010, ascendendo o presuposto total ata 2.600.000 euros. ”Este presuposto destinarase a producións, e sobre todo á rede de distribución, para conseguir que o teatro chegue a todos os galegos”, explicou o conselleiro. Roberto Varela adquiriu novos compromisos co colectivo das artes escénicas para apoiar a produción e distribución dos diferentes traballos. O conselleiro de Cultura e Turismo, comprometeu o apoio de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e da Consellería a través da posta en marcha de “axudas directas a produción e apoio á rede, e dicir, á distribución desas producións”. Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo remarcou que “non son tan importantes as axudas á produción, que si son moi necesarias, como á parte da distribución”. Polo tanto, aclarou que se vai a facer “un esforzo especial na rede, de tal forma que toda produción que veña subvencionada pola Administración se poda facer en varios sitios e sexa moito mais rendible”. Doutra banda, ambas partes acordaron reunirse unha vez cada seis meses a través dunha comisión de avaliación do Plan Galego das Artes Escénicas (2008-1011) para “manter un dialogo continuo entre tódalas partes”. Nesta reunión, o conselleiro de Cultura e Turismo, fixo entrega dunha carta a tódolos representastes, un documento en resposta a unha primeira carta do colectivo actores e artistas onde expresaban as súas demandas, queixas e inquietudes pola diminución do presuposto. Roberto Varela xustificou estes compromisos as artes escénicas por ser “ tanto parte da cultura galega, como unha industria cultural sensible”, e recordou que “é unha industria que hai que coidar, porque xera emprego e que xera actividades culturais nos concellos”. Plan Galego das Artes EscénicasNa carta entregada hoxe aos representantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Roberto Varela expresa o seu desexo de “diálogo e reflexión á procura de puntos de encontro para facer das nosas artes escénicas un referente principal da Cultura Galega”. Doutra banda, tamén se le pedía tempo ao sector posto que con este novo executivo non se “paralizou ningún plan do anterior goberno, respectando as programacións para o sector, como era a Feira Galega das Artes Escénicas”. De cara o futuro, Roberto Varela e Juan Carlos Fernández Fasero mostraron o interese de aprobar os estatutos de AGADIC durante o primeiro trimestre de 2010, e así “fortalecer as ferramentas esenciais para o noso quefacer, poñendo en marcha con normalidade o proxecto da nova AGADIC. A intención da Consellería de Cultura e Turismo é “deixar AGADIC equilibrada a comezos de ano –sen débedas do pasado–, e funcional para comezar unha nova (e confiamos que proveitosa) andaina”. Doutra banda, Roberto Varela afirma que “asumimos o Plan Galego das Artes Escénicas (2008-2011), parécenos, en liñas xerais, un bo plan susceptible de melloría continua” e que “terá a súa prolongación (de xeito máis perfecto e axustado á realidade futura, previa revisión, negociación e acordo co sector e cos axentes sociais implicados), durante o seguinte cuadrienio (2012-2016)”. “As primeiras medidas serán avanzar no Plan Operativo 2010 e na Avaliación do Plan Operativo 2009”, engadiu. Dentro da convocatoria para a provisión das prazas de dirección do CDG e do CCG –toda vez xa contan co informe positivo de Función Pública e Orzamentos–, farase anuncio público no DOG do concurso para cubrir as mesmas, durante a primeira quincena do mes de xaneiro. Previamente, colgaranse as bases na web de AGADIC, de xeito informativo, para todos aqueles/as que poidan estar interesados en participar neste proceso. Roberto Varela tamén subliña na súa carta que “respecto ás esixencia que nos remitides, queremos volver a comunicar a nosa completa oferta de dialogo, que ata o de agora, penso que se ten concretado con feitos”. Igualmente, afirma que “a transparencia penso que foi, é e será total, e a participación do sector está completamente asumida e garantida. De feito, envióuselle unha nota ás principais asociacións para que remitiran a AGADIC propostas de cara a elaboración da nova convocatoria de axudas; así mesmo, representantes da Consellería reuníronse coa meirande parte das asociacións do sector para discutir as distintas problemáticas que as mesmas atopan e/ou sofren. Finalmente, o conselleiro de Cultura e Turismo reiterou que dende o seu departamento “estamos abertos a todas as suxestións e a todos os encontros e negociacións con todos”. Fuente: Xunta de Galicia
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios! |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Rincones uruguayos- Grutas del Palacio
El cruce de la Cordillera de los Andes
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN URUGUAY
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Presencia viva de Galicia en Uruguay

PUNTA COLORADA
Presentación de “Globotomía” de Aramis Latchinian en la Alianza Francesa de Montevideo
Apocalípsis perpetuo por J.J.García Pena

Palabras para Manolito de J.J. García Pena




Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo
Negreira avanzó los objetivos del PP coruñés para el 2010 en una entrevista digital del PP de G

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.
Si quieres felicitar a alguien por su cumpleaños no tienes más que enviarnos su foto y lo que quieras transmitirle a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Participa en Sada Digital como colaborador, envíanos tus artículos a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

SIGUE EL EVENTO EN NUESTRO FACEBOOK

Envíanos tus fotos y prognósticos para este partido histórico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla o a nuestro muro de facebook