Contenidos
Blog
Secciones
Galicia
O presidente da Xunta de Galicia presidirá o concerto inaugural do Xacobeo 2010 en Mondariz | O presidente da Xunta de Galicia presidirá o concerto inaugural do Xacobeo 2010 en Mondariz |
|
|
|
|
O Gran Hotel Balneario de Mondariz acollerá hoxe, martes 29 de decembro, a partir das 20:00 horas o primeiro gran evento musical do Xacobeo 2010 organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e a Fundación Mondariz Balneario. A prestixiosa directora de orquestra Inma Shara dirixirá á Orquestra Sinfónica Nacional Checa nun concerto que estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Ao acto está previsto que asistan tamén unha importante representación do goberno galego así como numerosos representantes da vida económica e social de Galicia. A Orquestra Sinfónica Nacional Checa será a encargada de interpretar unha melodía expresamente creada pola directora vasca para este evento, que soará por primeira no concerto de Mondariz-Balneario. O programa do concerto desenvolverase en liña coa historia de Mondariz, interpretando un repertorio que evocará os diferentes momentos históricos da vila termal: o esplendor do século XIX coa apertura do Balneario, a guerra civil, o incendio de 1973 e a recuperación actual. O concerto suporá o comezo do Camiño da Música do Xacobeo 2010 e dará paso a un completo programa de actuacións no que os afeccionados á música clásica poderán disfrutar da presenza xa confirmada en Galicia de artistas de recoñecido prestixio internacional. Neste apartado, englóbanse as actividades previstas no “Xacobeo Clasics”. En concreto, o “Festival Xacobeo” traerá á Comunidade Autónoma a actuación de solistas da talla de Lang Lang (piano), Cecilia Bartoli (mezzo) ou Anne-Sophie, Mutter (violinista), así como a Orquestra do Palau de les Arts de Valencia, dirixida por Zubin Mehta, e a representación da ópera "Parsifal", en versión de concerto con Vasily Petrenko. Doutra banda, o “Festival Via Stellae” prevé máis de 100 concertos, en ciclos específicos como os Concertos Express, Xornadas de Música e Arte ou Off Stellae. Entre os directores confirmados atópanse William Christie, Christophe Rousset, Simone Kermes ou Jordi Savall. Tamén está prevista a actuación da: Mahler Chamber Orchestra e da Orquestra Barroca de Venecia. Extenso e prestixioso currículoInma Shara é unha das máis brillantes representantes da nova xeración de directores españois. Dirixiu diversas orquestras sinfónicas de primeiro nivel, entre os seus compromisos máis recentes destacan as colaboracións coa London Philarmonic Orchestra, a Filharmónica de Israel, o Sinfónico Nacional Checo, a Sinfónica de Milán, a Orquesta de la Suisse Romande (Suiza), a Sinfónica Nacional de Ucrania, a Orquestra Sinfónica do Teatro Reggio de Parma ou a Sinfónica Nacional Rusa. Asemade, tamén dirixiu importantes orquestras españolas, como a Orqueta Sinfónica de Madrid, Orquesta de RTVE, Orquesta de Valencia, Orquesta Sinfónica de Mallorca, Granada, Córdova, etc. Entre os seus próximo compromisos está dirixir a prestixiosa Orquesta Clásica del Concertbouw de Amsterdam. Asemade, en decembro de 2008 dirixiu un concerto de celebración do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que tivo lugar no Vaticano e que estivo presidido polo Papa Benedicto XVI. Recentemente foi galardoada co Premio á Excelencia Europea pola súa proxección internacional e a súa achega á música clásica. A Orquestra Sinfónica Nacional Checa está considerada unha das Grandes Orquestras do país centroeuropeo e unha das máis solicitadas a nivel europeo. Posúe o estudio Hostivar en Praga e ten realizado numerosas xiras polas Illas británicas, Francia, España, Xapón, México, Dubai, Australia e Nova Zelanda. Fuente: Xunta de Galicia
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios! |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Rincones uruguayos- Grutas del Palacio
El cruce de la Cordillera de los Andes
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN URUGUAY
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Presencia viva de Galicia en Uruguay

PUNTA COLORADA
Presentación de “Globotomía” de Aramis Latchinian en la Alianza Francesa de Montevideo
Apocalípsis perpetuo por J.J.García Pena

Palabras para Manolito de J.J. García Pena




Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo
Negreira avanzó los objetivos del PP coruñés para el 2010 en una entrevista digital del PP de G

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.
Si quieres felicitar a alguien por su cumpleaños no tienes más que enviarnos su foto y lo que quieras transmitirle a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Participa en Sada Digital como colaborador, envíanos tus artículos a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

SIGUE EL EVENTO EN NUESTRO FACEBOOK

Envíanos tus fotos y prognósticos para este partido histórico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla o a nuestro muro de facebook