Contenidos
Blog
Secciones
Galicia
O Inega, mobilizará un investimento asociado de 5 millóns de euros co Plan Renove de Fiestras | O Inega, mobilizará un investimento asociado de 5 millóns de euros co Plan Renove de Fiestras |
|
|
|
|
As axudas, que se poderán solicitar desde o próximo 1 de decembro, serán de 100 euros por metro cadrado de fiestras, cun máximo do 25% do total da obraO director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, presentou onte unha nova medida posta en marcha polo Inega, dependente da Consellería de Economía e Industria, no ámbito do aforro e da eficiencia enerxética. Trátase do Plan Renove de Fiestras que, dotado cun orzamento inicial de 1,2 millóns de euros, está destinado á rehabilitación da envolvente térmica das edificacións. A través desta liña o Inega incentiva a rehabilitación dos ocos acristalados das fachadas, co fin de mellorar a eficiencia enerxética das vivendas e dos edificios. Deste xeito subvencionarase a substitución de novas fiestras que separen estanzas calefactadas do exterior, sempre por outras de igual tamaño, e cando cumpran os requisitos de dispoñer de marcado CE; de ser de carpintería de madeira ou PVC con dobre acristalamento e cámara mínima de 12 mm. ou de 6 mm. baixo emisivo; de ser de carpintería metálica con rotura de ponte térmica de cando menos 12 mm. ou superior cun acristalamento de 6 mm. de cámara e baixo emisivo. En todo caso, a execución da obra deberá ser realizada, a partir do 1 de decembro do presente ano. As axudas serán de 100 euros por metro cadrado de fiestra, cun máximo do 25% do custo total da obra. O Plan subvencionará a renovación de fiestras desde o 1 de decembro de 2009 ata o 30 de outubro de 2010 ou ata a finalización de fondos, xa que estes poderán ser ampliados en función da demanda e da dispoñibilidade de fondos. Neste senso o director do Inega precisou que “o orzamento do Plan Renove de Fiestras é un orzamento vivo, de xeito que o poderemos ampliar con remanentes doutras actuacións, en función do número de peticións que rexistremos, pero é probable que teñamos que ir a esa ampliación, posto que na anterior convocatoria chegouse a máis de 3 millóns de euros de demanda sobre uns fondos iniciais de 500.000 euros”. Aforro de enerxía primariaDiéguez destacou que “con esta campaña desde o Inega queremos seguir apoiando o aforro enerxético nos fogares galegos cunha previsión de substitución de fiestras en 1.000 vivendas”. Así mesmo fixo fincapé en que “a través do Plan Renove de Fiestras conseguiremos un investimento total asociado a esta medida de aproximadamente 5 millóns de euros e un aforro da enerxía primaria estimado en 1.356 MWh, o que supón evitar a emisión de 274 toneladas de CO2 á atmosfera”. BeneficiariosPoderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada, propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios de vivendas, edificios de vivendas ou edificios destinados a outros usos. Todos aqueles instaladores ou empresas de fiestras poderanse adherir desde o 9 de novembro ata o 30 de novembro, no caso de renovacións, ou ben ata finalización de campaña, no caso de tratarse de altas novas. En total espérase que participen máis de 500 instaladores. Proceso de obtención da axudaO comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Fiestras 2009 e terá que adquirir a carpintería obxecto da subvención. A continuación o instalador realizará a solicitude de fondos mediante a aplicación web www.inega.es/planrenovefiestras2009, imprimirá o impreso da axuda e o comprador asinará a súa conformidade. O instalador disporá de 60 días para realizar a obra e despois cobrará o importe da factura co desconto da axuda establecida, calculada na aplicación informática. Finalmente, o instalador remitirá toda a documentación ao Inega para o cobro da axuda. Fuente: Xunta de Galicia
¡Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios! |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
.jpg)
Felices Fiestas a tod@s desde Sada Digital
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Rincones uruguayos- Grutas del Palacio
El cruce de la Cordillera de los Andes
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN URUGUAY
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Presencia viva de Galicia en Uruguay

PUNTA COLORADA
Presentación de “Globotomía” de Aramis Latchinian en la Alianza Francesa de Montevideo
Apocalípsis perpetuo por J.J.García Pena

Palabras para Manolito de J.J. García Pena





Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

Sada Digital abre la sección "Diálogos de Economía" con la colaboración de César Román.

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo
Negreira avanzó los objetivos del PP coruñés para el 2010 en una entrevista digital del PP de G

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.
Si quieres felicitar a alguien por su cumpleaños no tienes más que enviarnos su foto y lo que quieras transmitirle a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Participa en Sada Digital como colaborador, envíanos tus artículos a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

SIGUE EL EVENTO EN NUESTRO FACEBOOK

Envíanos tus fotos y prognósticos para este partido histórico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla o a nuestro muro de facebook