Contenidos
Blog
Secciones
Deportes
O secretario xeral para o Deporte despide o Xacobeo Galicia 2010 | O secretario xeral para o Deporte despide o Xacobeo Galicia 2010 |
|
|
|
|
O equipo presentou o maillot que lucirá a partir do sábadoO secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete desexoulles a “máxima sorte do mundo” aos compoñentes do Xacobeo Galicia na despedida que, onte, lles deu con motivo da súa participación na Volta Ciclista a España, que o sábado comeza na cidade holandesa de Assen, cun prólogo no seu lexendario circuíto de motociclismo. José Ramón Lete saudou, un a un, aos nove corredores do Xacobeo Galicia que participarán na Volta, así como aos directores, encabezados por Álvaro Pino, que foi o encargado de presentarlle aos integrantes dun equipo que quere volver ser protagonista na rolda española. Tamén estiveron presentes no acto, en representación dos patrocinadores, o director xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, e a presidenta de Galicia Calidade e directora xeral de Comercio, Nava Castro. O Xacobeo Galicia parte cara a Holanda coa ilusión de conseguir algunha vitoria de etapa como fixo David García Dapena, en 2008, e subir ao podio final con Ezequiel Mosquera, que se atopa nun bo estado de forma como deixou patente na recente a Volta a Burgos cando conquistou o triunfo na Lagoa de Neila. Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez, Gonzalo Rabuñal, David Ferreiro, Alberto Fernández e Eduard Vorganov forman o ‘nove' que presentará o Xacobeo Galicia, sobre o que o secretario xeral para o Deporte augurou que nos dará “moitas alegrías” a partir do sábado. Durante o acto, celebrado na escalinata da sede da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, presentouse o maillot que lucirán os corredores do equipo galego durante a Volta e que sofre pequenas modificacións con respecto ao que estiveron vestindo ao longo da temporada. A principal novidade é a presenza da marca Galicia Calidade, que se incorpora como patrocinador da formación que dirixe Álvaro Pino. A expedición galega sairá mañá en avión cara a terras holandesas, aínda que onte xa partiron o camión, o autobús e os coches que utilizará a escuadra nunha Volta que preparou coidando os máis mínimos detalles Durante as últimas semanas, os nove ciclistas que estarán ás ordes de Álvaro Pino estiveron concentrados en Pena Trevinca co obxectivo de afinar a posta a punto cara ao seu gran reto da tempada. Fuente: Xunta de Galicia
Powered by JoomlaCommentCopyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved.Homepage: http://cavo.co.nr/ |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|

El Grupo Popular ha cuestionado a Losada por las reparaciones en el enlosado del Paseo Marítimo
8 DE MARZO
A Xunta pediu a implicación de toda a sociedade para lograr acabar coas desigualdades
Crónicas, opiniones y colaboraciones desde Uruguay
Transmutación - Sada a vuelo de ave
Guia de visitantes Universal Plastic Recicladora de Plasticos
Conocer para amar III - Semana Santa en Uruguay por J.J. García
Conocer para amar – Dedicado a nuestros escolares
El cantar de los pesares o La Tragedia Americana
El faro del comienzo del mundo
Felicitaciones, señor Presidente
A Tenencia. Do fondo do tempo e a ialma
Elecciones ejemplares en Uruguay, por JJ.García
Hubiera sido más cómodo, para mí, titular este artículo Vergüenza ajena
Palabras para Ángeles, por J.J.García Pena
Uruguay eligió (Orgullo Oriental)
La ventana prodigiosa: Sada Digital

Os brindamos este espacio para comentar las posibles incidencias ocurridas en el día de ayer en Sada con el paso de la tormenta Xynthia.
.png)
El grupo sadense EOTEM presentará su primer trabajo discográfico el próximo día 16 de enero

Predicciones meteorológicas INM Playas de Sada

El PPdeG dice que el Plan del Litoral convertirá a Galicia en un referente medioambiental europeo

Envía tus fotos, opiniones, etc. a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Negreira avanzó los objetivos del PP coruñés para el 2010 en una entrevista digital del PP de G

Se aprueba la ordenación urbanística provisional de Sada
El BOP publica la contratación de la redacción del PXOM de Sada
Sada es el segundo ayuntamiento del área metropolitana con más crecimiento entre el 2008 y el 2009
Feijóo: "o Plan do Litoral supón un ordenamento sistemático e intelixente da costa"
Sabemos que nos siguen muchos gallegos en el exterior y para ellos creamos este espacio.
Los textos recibidos serán publicados en esta página.

En la situación crítica en la que se encuentran nuestros amigos de la blogosfera, Irlanda y Marcial, podemos encontrarnos cualquiera.
Sirva esta llamada de auxilio para que su situación pueda volver a la normalidad y desde este espacio nos sumamos para que entre todos podamos dar una solución al mal trago por el que están pasando en estos momentos.
Gracias por vuestra atención y no dudéis en contactar directamente con ellos a través del blog de Marcial Candioti en http://marcialcandioti.wordpress.com
Sada Digital
Participa en Sada Digital como colaborador, envíanos tus artículos a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Si quieres felicitar a alguien por su cumpleaños no tienes más que enviarnos su foto y lo que quieras transmitirle a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla